- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10 da AC-305.
Segundo exemplar de hórreo de Vigo con reloxo de sol. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Dos soportes apenas conserva a cepa norte, o resto das cepas están refeitas con cemento e ladrillo. Os gabinetes tamén están pechados con cemento e ladrillo. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo, con porta de madeira no lateral leste. Linteis, columnas e cornixa de pedra, aínda que esta última está refeita en parte con cemento. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Ten dous fermosos remates: unha cruz alta con círculo ou roda central cunha cruz no medio (cruz céltica), de sección cilíndrica, sobre base cilíndrica e esta sobre pedestal cuadrangular; e reloxo de sol de forma máis ou menos cuadrangular coas esquinas redondeadas, con remate nunha especia de pináculo con bola, sobre unha base cuadrangular. Conserva o gnomon metálico e son visibles as marcas horarias. O hórreo está orientado ao NE.
No 2010, di a propietaria que debe ser antigo, que lle acorda toda a vida alí
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 61)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.714963, -8.693091
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño