- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Situado no patio traseiro da casa dos propietarios, no núcleo de Vigo.
Cimentado sobre unha repisa ou pedestal de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de alto, encintada con argamasa de arxila amarela e con pequenas pedras nos intersticios. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral Leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con cinco fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita. En canto os remates, só conserva o pedestal cuadrangular sobre o que se erguería a cruz, na parte dianteira, e un pináculo piramidal rematado nunha peza troncopiramidal. Orientado ao NE.
No 2010, di o propietario que é moi antigo, máis de cen anos. A factura ruda que presenta corroboraría esta afirmación.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 56)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715736, -8.692689
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño