Saltar ao contido principal

Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Vigo
Concello
Dodro

Localizado nunha finca privada pertencente ao solar nº 50. Tanto a casa, como a finca como o hórreo están totalmente abandonados. Érguese sobre un muro de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito que serve de peche da finca, duns 2,10 metros de altura. Os soportes son oito pés de pedra de sección cuadrangular, de pouca altura no lateral leste, o que asenta sobre a repisa, aínda que con máis desenrolo no lateral oeste, xa dentro da finca, cun desnivel importante. Dous gabinetes presentan cubículos de ladrillo. Os tornarratos son pedras circulares individuais sobre cada pé (falta un). Todo o corpo do hórreo está feito en madeira, con tres claros, balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Apenas conserva algunha tella da cubrición, con tella do país. Non conserva remates.  Está practicamente cuberto de vexetación. Orientado ao NE.

No 2010, ningún veciño soubo concretar a antigüidade deste hórreo. A súa feitura en madeira, agás os soportes e a cimentación, indica unha certa antigüidade

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 66)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.716131, -8.692178

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo