Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Situado na finca traseira da Casa do Piñón, no Barrio de Abaixo da aldea.

Cimentado sobre repisa de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura, con tres grades de pedra no lado norte. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Os remates son unha cruz latina alta sobre base en escocia e esta á súa vez sobre base cuadrangular, no penal frontal, e pináculo piramidal estilizado no lado oposto. Orientado ao NE.

No 2010, o propietario di que ten máis de cen anos, aínda que non ten documentación

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 31)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731452, -8.669026

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo