- Outras denominacións
- Hórreo de Ramoniña
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Bexo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado na Aldea de Arriba, na zona coñecida como A Rechenla, ao pé dunha pista asfaltada, xunto á casa nº 2 á que pertence.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, a cal salva o desnivel existente, xa que o hórreo localízase nunha costa. Os soportes son catro cepas de pedra, cunha pedra de perpiaño vertical e por riba unha máis pequena horizontal. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento. Na parte frontal presenta unha escadas de cachotaría de granito con catro grades, algo separadas do hórreo para evitar o acceso ao roedores. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros, pechados claro e medio con ladrillo e claro e medio con madeira recentemente reformada, con dúas cintas. Os esquinais do hórreo son de pedra, con cinco fendas de ventilación horizontais cada un. Linteis e columnas de pedra, e cornixa de madeira. Na parede costal é visible, nas columnas e nos esquinais, motivos decorativos en relevo a media altura, nos esquinais en forma de media campá e nas columnas en forma cuadrangular cos extremos superior e inferior en semicírculo. Penal frontal de pedra con porta de madeira de feitura recente, e penal traseiro de pedra con doce fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira e cubrición de tella do país no claro e medio do oeste e de uralita no claro e medio do leste. Remates: pináculo piramidal estilizado sobre base cuadrangular na cara frontal, mentres que na parte posterior só conserva parte da base cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, unha veciña duns setenta e pico anos, xa non lle acorda de facer este hórreo. Di que orixinalmente pertencía a unha familia coñecida como Os Carleses. Parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece de principios do século XX (por analoxía).
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 187)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.698282, -8.735536
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro