Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

No Barrio de Abaixo, nunha finca pechada, fronte a outros dous hórreos.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres  cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con uralita e tella do país por riba. Os remates son unha cruz latina cos extremos florenzados e sobre unha base cuadrangular, no penal frontal, e pináculo estilizado no outro extremo. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños din que ten moita antigüidade, aínda que non precisaron máis.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 24)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731656, -8.668363

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo