- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Rialiño
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Na finca traseira dunha vivenda particular, no núcleo de Rialiño.
Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 60 centímetros de altura. Na parte dianteira, acaroadas á repisa, presenta tres grades de pedra. Os soportes son tres cepas de pedra, estando a dianteira labrada nos laterais a modo de pequenas columnas. Os tornarratos son pedras transversais con extremos redondeados sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira con dúas cintas. Os pinches son de madeira. Cubrición de uralita. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
Pode ser tamén de certa antigüidade.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 140)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.734505, -8.695354
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Paizal
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro