Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Moi preto da chamada Eira dos Hórreos, ao NE. 

Cimentado sobre unha alta repisa de cachotaría de granito, aproveitado como muro de peche da finca, duns 2 metros de alto. Esta repisa presenta partes reparadas con cemento e ladrillo, e presenta unha grande moldura cilíndrica no lado leste. O corpo do hórreo asenta sobre unha única plataforma corrida que fai as veces de tornarratos, sen soportes. Ten dous claros, con balaústres de madeira, pintada de azul claro, e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con cinco fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. A modo de remates, cruz latina baixa con extremos florenzados sobre unha base cuadrangular, no penal dianteiro, e fermoso pináculo alargado rematado en bola no lado oposto. Orientado ao NE.

No 2010, os propios veciños outórganlle unha considerables antigüidade (tería máis de cen anos).

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 27)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.732470, -8.670138

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo