Saltar ao contido principal

Hórreo de Paizal

Hórreo de Paizal - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Paizal
Concello
Dodro

Nunha finca privada pechada, pertencente ao solar nº 16 do núcleo, na estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito.

Cimentado sobre unha repisa baixa de bloques de granito. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada, parece que refeita en partes con cemento, sobre base en dobre escocia; e pináculo piramidal moi estilizado. Orientado ao NW.

No 2010, unha veciña comenta que é moi antigo, e que o trouxeron de Traxeito á actual localización, sendo a orixinal o lugar coñecido como a Eira de Traxeito.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 107)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.737662, -8.696212

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo