Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1842
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Situado na Aldea de Riba, nun alto, no lugar chamado Fondo do Agro.

A cimentación non é visible, xa que está cuberto de vexetación. Os soportes son  catro cepas de pedra, cubertas tamén de hedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que o claro do medio xa non conserva a  madeira. Con dúas portas de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra cos restos da porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación, con unha data inscrita: 1842. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira, con arcos para suxeitar a cubrición, de tella do país, atopándose en moi mal estado no claro norte, non conservándose no claro do medio e de uralita no claro sur. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao N.

No penal traseiro é visible unha data inscrita, que se supón que é o ano de construción: 1842.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 103)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731215, -8.719090

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo