Saltar ao contido principal

Hórreo de Rial da Lagoa

 Hórreo de Rial da Lagoa - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Rial da Lagoa
Concello
Dodro

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e inferior. Os gabinetes do medio e do sur están pechados con madeiras e con ladrillo, respectivamente, no lateral oeste, e con cemento e mallas metálicas no lateral leste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que conserva a madeira en mal estado, sobre todo o claro do norte, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando os penais dos seus respectivos pinches. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Remates: cruz alta florenzada con botón central, ángulos en chafrán e motivo floral no centro, sobre escocia; e reloxo de sol circular rematado na parte superior en tres círculos con motivo floral en relevo no centro e, sobre o do medio, de menor tamaño, un remate en dobre rolo vertical. Asenta sobre unha base cuadrangular coas esquinas redondeadas tamén decorada con gravados xeométricos. Conserva as liñas horarias e o gnomon. Orientado ao NW-NW.

De mediados do século XIX. Fíxoo Don Juan Jabino Loureiro, bisavó de Manuel Rodríguez Deza e antigo alcalde de Dodro, entre 1840 e 1860. A viúva di que hai papeis que acreditan a súa antigüidade. Así mesmo comenta que a data está inscrita no propio hórreo, aínda que

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 130)

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721371, -8.716138

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo