Saltar ao contido principal

Hórreo de Rialiño

Hórreo de Rialiño - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Rialiño
Concello
Dodro

No muro de peche dunha propiedade, ao pé dunha pista asfaltada.

Estraña tipoloxía de hórreo mixto, moi ancho e, en vez de ter cepas ou pés presenta un celeiro ou baixo a modo de soporte. A cimentación é o propio muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Enriba desta, o soporte, un celeiro, baixo ou casadeira, de perpiaño de granito, o cal forma un espazo pechado con catro paredes na mesma liña vertical que as do corpo do hórreo, sendo aproveitado para gardar outros alimentos ou aparellos. Este baixo presenta, na cara exterior, tres pequenos vans tapados actualmente con cristais. Acaroados a este soporte, ao SE e SW, vese unha plataforma de pedra a modo de acceso ao hórreo ou ben para posar os cestos de millo. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, a madeira pintada de verde. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de perpiaño de granito, con porta de madeira pintada de verde sobre a que é visible unha repisa e, máis arriba desta, catro buracos practicados no pinche, cuadrangulares, para a entrada de pombas. Ambos os dous pinches son tamén de pedra, e ambos presentas sobrepenas. Cubrición de tella plana. Remates: catro pináculos piramidais, un en cada esquina dos pinches, un pináculo de maior tamaño no pinche e cruz latina alta de sección romboidal, sobre escocia. Orientado ao SE.

O hórreo pertence a unha casona de pedra, actualmente restaurada, que debeu ter gran poderío económico. Non parece tratarse dun hórreo especialmente antigo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 141)

Sendeiros de Dodro

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-01B)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.733821, -8.695213

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo