- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Eiró
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Nas aforas do núcleo, no lugar coñecido como Horta do Brañeiro, nunha finca privada pechada con muriño de pedra, pertencendo a unha casona de pedra actualmente en ruínas, como o hórreo. Situada na zona norte da aldea.
A cimentación é unha repisa alta de perpiaños de granito de aproximadamente 1 metro de alto. Os soportes son cinco cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros, non conservando ningún o peche de madeira no lateral sur, e en moi malas condicións no lateral norte, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. O penal de diante ten unha entrada, mais non conserva a folla de madeira da porta, e o penal traseiro é de pedra e está cuberto de vexetación. Sobrepenas no pinche de diante, de pedra, e probablemente tamén no de atrás, aínda que non é visible pola vexetación. Cubrición de tella do país, en moi mal estado. Remates: fermosa cruz latina alta florenzada e moldurada, sobre base moldurada cuadrangular e esta sobre escocia; o remate da parte de atrás non visible pola vexetación. Orientado ao W.
Os veciños creen que ten moita antigüidade, máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 86)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.721710, -8.705202
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro