Saltar ao contido principal

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Tarrío
Concello
Dodro

Situado no lugar coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa baixa pero ancha, duns 3,30 metros de ancho e 40 centímetros de alto. É de cachotaría de granito, cuberto en parte de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento, cada unha sobre unha base rectangular tamén de cachotaría, encintada con cemento. As cepas dos extremos teñen moldura cara o interior.  O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros con balaústres de madeira, en mal estado, e unha cinta. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, con cemento por riba desta última para asentar a cubrición, de tellas do país. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, estando o van da porta rematado en arco de medio punto; e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, di unha das propietarias que debe ser antigo, aínda que non pode precisar a súa cronoloxía. Probablemente teña máis de cen anos. Nesta eira, ao leste, quedan restos doutro hórreo, permanecendo en pé tan só os pés e os tornarratos transversais, atopándose cuberto de vexetación.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 159)

Sendeiros de Dodro

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721145, -8.710900

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo