Saltar ao contido principal

Hórreo de Revixós

Hórreo de Revixós - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Revixós
Concello
Dodro

Nun extremo da praza onde se atopa o Cruceiro de Revixós, nunha finca pechada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, nunha horta pertencente a unha vivenda tradicional restaurada. A súa cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito duns 10 centímetros de alto. Os soportes son seis cepas de pedra. Os espazos entre as cepas ou gabinetes están pechados con madeira, con dúas cintas. O tornarratos é corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas no lateral leste e con cemento con fendas de ventilación no lateral oeste. Polo oeste ten tamén unha porta de chapa metálica. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. O penal dianteiro é de pedra con porta de madeira. O penal traseiro é de pedra, sen fendas de ventilación. Presenta sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con uralita. Os remates son dous bicos ou pináculos moi estilizados e alargados. Orientado ao NW.

No 2010, di unha das propietarias que ten máis de cen anos, xa que era dos seus bisavós.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 43)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.722779, -8.684904

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo