- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Reboiras
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.
Trátase dun fermoso exemplar de hórreo mixto con decoración nos pinches. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta, aproximadamente duns 3 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra de gran robustez. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, non conservando o peche de madeira ningún deles. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, non conservando a folla de madeira da porta, rematando o van da entrada en arco, e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Presenta os pinches decorados con motivos en relevo: o dianteiro con motivo floral inscrito en dous círculos, e no traseiro con círculo en relevo co interior escavado e cun pequeno orificio central de aireación. Son visibles dous arcos, de pedra, sobre os que descansaría a armazón da cubrición e que asentan sobre a cornixa. Non conserva a cubrición, que sería de tella do país, estando totalmente derruído no interior do propio hórreo. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e moldurada; e pináculo piramidal de gran tamaño. Orientado ao N.
No 2010, segundo o propietario é moi antigo, xa que el ten 82 anos e xa o recorda sempre. Por factura parece, efectivamente, moi antigo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 124)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.717275, -8.702256
Máis elementos do catálogo
HórreosHórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
HórreosHórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro
HórreosHórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño