- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Dodriño
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Nunha finca pechada privada, na entrada do núcleo.
Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e malla metálica. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, con van para a porta alintelado, faltándolle a folla de madeira, e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal, por riba do lintel do van da porta, son visibles dous buracos circulares, para a entrada das pombas. Cubrición de uralita. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central, sobre base cilíndrica e esta sobre escocia; e pináculo piramidal. Orientado ao NE.
No 2010, a propietaria non soubo concretar a súa cronoloxía, mais pola súa factura podería andar polos cen anos. Hai cousa dun mes puxéronlle ladrillo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 9)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.721667, -8.689291
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro