- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Dodriño
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Moi próximo a unha vivenda.
Bonito exemplar de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito con restos de recebado de cemento, duns 20 centímetros de alto. Os soportes son dúas cepas de pedra. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo, con restos de recebado. Ten un só claro (fáltalle o claro sur), con balaústres de madeira e dúas cintas, en moi mal estado de conservación. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra cen fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas no pinche dianteiro, sendo os dous pinches de pedra. Cubrición de tella do país. Só conserva un remate, unha cruz latina florenzada con botón central e sección romboidal sobre escocia e esta sobre pedestal cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, din os veciños que é moi antigo, máis de cen anos; unha das veciñas asegura que debe ser o máis antigo da aldea. Orixinalmente tiña dous claros, pero caeu un e, despois de arranxalo, quedou cun só claro.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 8)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.720794, -8.689722
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Tallós
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño