- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Tallós
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Pertence á casa nº 13 do núcleo, ao pé da AC-305, case enfronte da Escola da Emigración de Tallós. Situado no xardín privado da vivenda.
A cimentación é unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, de factura algo ruda e non moi altas, con molduras na parte superior (en forma de T). O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, co van rematado en arco, e penal traseiro tamén de pedra sen ventilación e encintado con cemento. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina baixa e grosa, de sección cuadrangular, sobre escocia; e pináculo de gran tamaño, moi groso, piriforme, rematado nunha gran bóla achatada e angulosa, sobre base cuadrangular. Orientado ao E.
No 2010, di unha veciña que lle acorda toda a vida o hórreo, que debe ser antigo, de máis de cen anos. Parece ser que foi traído desde Xei (Rois).
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 153)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715434, -8.702203
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Traxeito
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro