Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo Nº 1 do Macanudo
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1913
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

Localizado no interior da finca privada e pechada pertencente á familia do Macanudo. Neste mesma propiedade levántase outro hórreo e un pombal.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, aínda que actualmente a madeira foi substituída por ladrillo. A cimentación consiste nunha pedra rectangular transversal para cada cepa. Os soportes son cinco cepas de pedra, co perpiaño superior en horizontal e encintadas con cemento. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con ladrillo, con dúas portas de madeira traballada no lateral leste, ambas enmarcadas por unha columna de pedras e outra de cemento. Os esquinais son de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. As columnas e os esquinais presentan un motivo decorativo na fronte, consistente nun cadrado coa parte superior e inferior semicircular, en relevo. Os dous penais son de pedra, con 16 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 8 fendas cada unha. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, no pinche sur é visible a data de construción inscrita: 1913. Cubrición de uralita. Remates: ten dúas cruces latinas altas florenzadas con botón central e ángulos en chafrán (por aquí chamada “cruz de Laíño”), sobre base en escocia. Orientado ao NE-SW.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de 1913, ano visible no frontispicio sur. É un dos hórreos máis antigos de Teaio.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 261)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715488, -8.752996

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo