- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Pertence á casa nº 24 da rúa da Congostra, ao pé dunha pista asfaltada do núcleo de Vigo.
Cimentado sobre unha repisa de perpiaño de granito encintado con cemento, duns 1,60 metros de altura, que serve de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros pechados con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra, actualmente con ladrillo pechando o espazo onde estaría a porta de madeira. Penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: na parte dianteira, cruz latina alta de sección romboidal sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular; e pináculo moi estilizado cilíndrico, rematado nunha bóla ovoide e con molduras semicirculares na base, no penal traseiro. Orientado ao NE.
Pola estrutura parece antigo, aínda que actualmente ten os claros pechados con ladrillo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 58)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715472, -8.692524
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Paizal
Dodro, San Xián de Laíño