Saltar ao contido principal

Hórreo de Imo

Hórreo de Imo - Dodro - San Xoán  de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo Nº 2 de Loureiro
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Imo
Concello
Dodro

No lugar chamado A Rúa, no alto dunha costa, preto da Eira das Cabanas. Serve de peche dunha horta.

A cimentación non é visible, sendo o soporte un celeiro moi alto de perpiaños de granito, cunha entrada alintelada no lateral leste, no interior da horta, onde tamén é visible un patiño ou esqueiras de pedra para o acesos ao hórreo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta alintelada á que lle falta a folla de madeira; e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería da primeira metade do século XIX, seguramente anterior a 1840, coincidindo co florecemento do cultivo do millo na parroquia.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 240)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.711875, -8.725417

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo