- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No Quinteiro de Abaixo, nunha finca privada pechada, preto douro hórreo.
A cimentación debe ser unha repisa de cachotaría de granito, como o resto dos hórreos de Teaio. Os soportes son cinco cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con ladrillo e cunha porta de madeira no lateral oeste enmarcada por dúas columnas de pedra. Os esquinais son de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con 18 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 9 fendas cada unha. Sobrepenas molduradas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche do norte é visible unha inscrición cunha data, aínda que algo borrosa polo desgaste da pedra: AÑO 1917 ou 1919, ou incluso 1907 ou 1909. Cubrición de uralita. Remates: non conserva a cruz, só a base en escocia e o arranque da mesma, a cal estaría orixinalmente flanqueada aos lados por pequenos pináculos, dos que só se conserva a base cuadrangular nos ángulos exteriores do pinche; e tres pináculos piramidais estilizados no extremo sur, un en cada ángulo do pinche, o do centro de maior tamaño e rematado en bóla. Orientado ao NE-SW.
De principios do século XX, sendo visible no pinche do hórreo unha data, aínda que algo gastada, léndose 1917 ou 1919, ou incluso 1907 ou 1909.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 258)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715054, -8.752573
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño