Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

No Quinteiro de Abaixo, xunto á pista que leva a Teaio desde Imo.

A cimentación é unha repisa baixa de cemento. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con balaústres de madeira e unha cinta, con porta de madeira no lateral leste. Linteis de pedra con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Os dous penais son de pedra, con doce fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, con uralita por debaixo. Remates: cruz latina alta cos extremos esmagados e de forma poligonal, coa base inferior rematada en volutas e sobre un pedestal cuadrangular, con dous pináculos piramidais a ambos os dous lados, de cemento; e, na parte posterior, pináculo cilíndrico rematado en bóla e na parte inferior nunha peza máis ancha, circular e angulosa, sobre unha base en escocia, tamén con dous pináculos de cemento a ámbolos dous lados. Orientado ao NE-SW.

No 2010, segundo di o anterior propietario, este hórreo debe ser un dos máis antigos da aldea, aínda que actualmente está reformado, introducindo elementos novos. Debe ter máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 266)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715161, -8.751091

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo