Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo do Carcacío
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1869
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

Localizado ao lado dunha pista polideportiva, facendo de peche dunha horta.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, para salvar o desnivel existente. Os soportes son catro cepas de pedra, con fermosa moldura semicircular na parte superior. Os gabinetes están pechados con ladrillo, para usos domésticos, con excepción do gabinete sur,  onde é visible, ocupando o espazo da repisa e o gabinete, unha porta de perpiaños con folla de madeira, sendo a entrada para pasar á horta. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira no lateral leste. Os esquinais son de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con 16 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 8 fendas cada unha. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Nos dous pinches é visible unha cartela, aínda que, debido ó gastada que está a pedra, non se consegue distinguir a inscrición. Segundo a ficha do inventario de Patrimonio, na cartela do pinche Sur pon: “R DHJO29 AÑO D1869”. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina alta de sección cuadrangular, sobre base en escocia e reloxo de sol de esfera cadrada sobre base rectangular. Orientado ao NE-SW.

Segundo se desprende da inscrición visible no pinche sur, e segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría do ano 1869. Sería un dos hórreos máis antigos da aldea e da parroquia. Non obstante, pola tipoloxía do hórreo corresponde máis co tipo de hórreo construído a principios do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 260)

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715407, -8.752758

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo