- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Rialiño
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Nunha parcela privada, pechada, detrás da casa.
Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Columnas e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra, con porta de madeira e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta de sección cuadrangular sobre base cilíndrica e esta sobre base cuadrangular e pináculo piramidal de gran tamaño rematado nunha bóla peraltada. Orientado ao N.
No 2010, di unha veciña que tería moita antigüidade, máis de cen anos
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 144)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.733505, -8.694894
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Eira das Cabanas (6 hórreos)
Dodro, San Xoán de Laíño