Saltar ao contido principal

Eira das Cabanas (6 hórreos)

Eira das Cabanas - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Outras denominacións
Hórreos de Arriba de Imo
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Imo
Concello
Dodro

Na zona alta da aldea, na zona coñecida como Eira das Cabanas.

Conxunto integrado por seis hórreos de tipo Mahía e Noia, con claros de pedra deixando aberturas horizontais para a ventilación, mixtos de pedra e madeira ou restaurados con ladrillo.

A denominación dos hórreos é a seguinte: hórreo de Porto, hórreo de Deira, hórreo de Franco, hórreo de Miguel, hórreo de Pan e hórreo do Fino.

Na ficha do Inventario de Patrimonio dátase este conxunto de hórreos na primeira metade do século XIX, en torno a 1840, correspondente á primeira explosión do cultivo do millo na zona. Na Eira das Cabanas levantábanse antigamente hórreos rudimentarios construídos con corres de carballo ou de salgueiro e teito de palla sobre postes de pedra, chamadas cabanas, de aí o nome da eira. A Eira das Cabanas foi lugar de esfolla e de malla durante máis dun século. Tamén se empregou para as pandeiradas e os reloucos da mocidade, até o seu desprazamento para A Lavandeira. Parece que orixinariamente había dez hórreos: un foi trasladado de lugar e dos outros tres apenas quedan restos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 230)

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CH-03)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.711575, -8.725047

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo