- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1908
- Lugar
- Revixós
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No xardín privado da propiedade á que pertence.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, de 73 centímetros de altura máxima (está nun desnivel). Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira. Penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Os remates son unha cruz latina cos extremos florenzados e base cilíndrica que descansa sobre unha base cuadrangular, no penal dianteiro, e unha anforiña no lado oposto. Orientado ao NE.
Tería a mesma antigüidade que a casa, que data de principios do século XX (1908?).
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 48)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.724858, -8.687060
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Eiró
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño