Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Na Aldea de Abaixo, no xardín privado pechado que se estende trala casa nº 27.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste enmarcada por dúas columnas de pedra. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, unha veciña conta que debe ter máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 93)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.729464, -8.719330

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo