- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Pexegueiro
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Na finca que se estende detrás da casa á que pertence, correspondente co solar número 9 do núcleo.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, pechados con ladrillo, con porta de madeira pintada de vermello no lateral oeste. Lintel, columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira pintada de vermello e penal traseiro tamén de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e por riba tella do país. Remates: cruz latina alta de sección cuadrangular sobre base cuadrangular abocelada e este sobre escocia; e pináculo piramidal estilizado. Orientado ao NW.
No 2010, di a propietaria que debe ser antigo, que a súa nai, que morreu con oitenta e nove anos, comprou a casa (vivenda tradicional ) xa co hórreo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 114)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.746973, -8.705464
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño