Saltar ao contido principal

Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Eiró
Concello
Dodro

Situado nunha propiedade pechada privada, usado como xardín.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre casa cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. A madeira está pintada de vermello. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Os dous penais son de pedra e madeira, con dúas cintas. Os dous pinches son de madeira.  Cubrición de tella do país sobre grades de madeira. Non ten remates. Orientado ao NE-SW.

No 2010, os veciños non souberon concretar a antigüidade, mais acórdalles o hórreo toda a vida.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 82)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.720887, -8.706457

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo