Saltar ao contido principal

Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Eiró
Concello
Dodro

Nunha  pequena finca pechada con enreixados e cemento, encaixado entre unha casa e un alpendre de cemento e ladrillo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura aproximadamente, encintado con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes pechados con madeira no lateral leste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira enmarcada por dúas columnas de pedra no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son iguais, de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta bilobulada nos extremos, de sección cuadrangular e pedestal cilíndrico sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal moi estilizado con decoración triangular na base. Orientado ao NE-SW.

No 2010, os veciños non souberon concretar a antigüidade deste hórreo, aínda que pensan que pode ser antigo, que o lembran aí toda a vida.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 81)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.720740, -8.706713

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo