Saltar ao contido principal

Hórreo de Bexo

Hórreo de Bexo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Bexo
Concello
Dodro

Localizado na Aldea de Abaixo, na rúa Nova, no interior dunha propiedade pechada, a nº 35.

Parece que carece de repisa ou plataforma. Os soportes son seis pés de sección cuadrangular. O tornarratos é unha pedra transversal sobre os dous pares de pés dos extremos, mentres que sobre o par de pés do centro é unha pedra circular sobre cada columna. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, coa porta de entrada no lateral oeste, cara á propiedade. Linteis e columnas de pedra, cornixa de madeira. Os dous penais son de pedra, tendo o do norte cinco fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Armazón de madeira e cubrición de uralita. Non conserva os remates. Orientado ao NE. 

No 2010, a propietaria comenta que este hórreo é moi antigo, que xa llo deixaron os seus avós aos seus pais. Tería máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 194)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.698340, -8.734226

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo