Saltar ao contido principal

Hórreo da Eira das Pías

Hórreo da Eira das Pías - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Bexo
Concello
Dodro

Localizado na Aldea de Abaixo, no lugar coñecido como Eira das Pías.

A cimentación non é visible. O soporte é un celeiro de perpiaños e cachotes de granito, que no extremo norte está reformado con bloques de cemento, e no lateral oeste é visible unha pequeno van rectangular. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten sete claros, con balaústres de madeira e unha cinta, con seis portas de madeira no lateral oeste, unha por cada claro, con excepción do claro norte, que ten o acceso polo penal dianteiro. Non todos os claros teñen linteis, sendo estes de pedra e, nalgún caso, de bloques de cemento. Os linteis presentan fendas de ventilación horizontais. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é, a metade de uralita e a outra metade de tella do país. Remates: no penal frontal, cruz florenzada cos ángulos en chafrán sobre base cuadrangular; e pináculo de base cilíndrica e corpo en forma de talo de sección cuadrangular rematado en bóla, sobre base ancha cuadrangular. Orientado ao NE. 

No 2010, segundo unha das propietarias, trátase dun hórreo moi antigo, de máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de principios do século XX. É o hórreo máis grande do concello. Din os veciños que a sombra do tellado, proxectada nos seus claros, servía para saber a hora cando traballaban na Veiga de Bexo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 196)

Sendeiros de Dodro

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-80)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.697952, -8.733529

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo