Saltar ao contido principal

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Tarrío
Concello
Dodro

No lugar coñecido como Rueiro, no extremo NE do núcleo. Levántase nun outeiro, que se sitúa na mesma elevación. Fronte á casa nº 80, á que pertence en parte.

A cimentación parece un celeiro, de aproximadamente 1 metro de altura, coa parte interior baleira, aínda que a entrada, na fronte sur, está en parte tapiada, conservado dous pequenos vans rectangulares no lateral leste. Está feita en perpiaño e asenta directamente sobre a rocha natural. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que apenas os conserva. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con van alintelado para a porta, non conservando a folla de madeira; e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Apenas conserva algún tramo da cubrición, de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños aseguraron que é moi antigo, máis de cen anos, incluso fálase de douscentos. Por factura tamén parece ter bastante antigüidade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 162)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.722574, -8.708794

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo