- Outras denominacións
- Hórreo de José Rodríguez ou Hórreo de Ventura
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1880
- Lugar
- Bustelo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No curral doméstico e ao pé dun camiño, no extremo norte da aldea.
A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito. Os soportes son cinco cepas de perpiaño. Os gabinetes están pechados con balaústres e unha cinta de cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, pechados con balaústres e dúas cintas de cemento. Ten unha porta de madeira no lateral leste, enmarcada por dúas columnas, unha de pedra e outra de cemento. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, o do norte con oito fendas de ventilación horizontais, e o do sur sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal do Norte, cruz latina baixa de sección cuadrangular cos extremos florenzados, sobre base troncopiramidal cos ángulos redondeados e esta sobre pedestal cuadrangular; e no penal sur, pináculo piramidal estilizado cos ángulos convexos, rematado en media bóla ovoide e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, este hórreo foi construído probablemente na década de 1880, segundo analoxías con outros hórreos da aldea, e modificado polo ano 1960, momento en que se substituíu a madeira polo cemento.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 211)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.732727, -8.769149
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Rialiño
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño