- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Rialiño
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Nunha propiedade pechada privada, no núcleo. Pertence a unha casa tradicional de pedra.
Cimentado sobre unha repisa baixa de perpiaño de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, cos dous gabinetes pechados con ladrillo, cunha porta de madeira cada un no lateral oeste. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dou claros, actualmente pechados con ladrillo, cunha porta de madeira enmarcada por columnas de pedra no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas de pedra, molduradas na parte inferior e cornixa tamén de pedra. Penal da fronte de pedra, co espazo da porta pechado con ladrillos. Penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita e enriba tella do país. Remates: fermosa cruz con círculo ou roda no centro (cruz céltica), de sección rectangular sobre base troncopiramidal e esta sobre unha base cadrada; pináculo piramidal de gran tamaño cunha peza metálica inserida no extremo en forma de oito. Na fronte parece que ten unha data inscrita no pinche, aínda que é ilexible. Orientado ao NW.
No 2010, segundo os veciños e os propietarios tería moita antigüidade. Dataría de finais do século XIX ou comezos do XX.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 143)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.734059, -8.694474
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro