Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

Ao pé da pista que leva a Bustelo, entre as zonas coñecidas como A Canle e o Quinteiro de Abaixo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con cemento, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas no lateral Leste e pechados con ladrillo no lateral oeste, onde tamén é visible unha porta de madeira enmarcada por dúas columnas de pedra. Linteis de pedra con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con dez fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Os remates son dous pináculos piramidais estilizados sobre base cuadrangular. O do norte parece que tería outros dous pináculos máis pequenos aos lados, dos que só queda a base. Orientado ao NE-SW.

Orixinalmente tiña un claro máis, mais cando abriron a actual pista quitárono. Parece tratarse dun hórreo antigo, aínda que está moi modificado.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 267)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.716055, -8.753268

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo