Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Na rúa do Medio.

Hórreo mixto con cimentación de repisa de cachotaría de granito, duns 65 centímetros de alto. Os soportes son seis pés en forma de columnas de sección cuadrangular, dispostas de dúas en dúas, de pedra. Tornarratos transversal de pedra sobre cada dous pés. Ten dous claros, balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira ao leste. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira con dúas cintas. Pinches de madeira. Cubrición con tella do país, aínda que perdeu parte do teito. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, a dona non cre que chegue ao cen anos, aínda que por tipoloxía si que parece antigo. Dataría de principios do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 20)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.732497, -8.669231

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo