- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Nunha finca pechada, na parte traseira dunha vivenda aparentemente abandonada.
A cimentación no é visible, sendo os soportes seis pés de pedra de sección cuadrangular, dispostos de dous en dous. Os tornarratos son pedras circulares dispostas sobre cada pé. O corpo do hórreo está feito totalmente en madeira: columnas, linteis, cornixas, balaústres, penais e pinches. Ten dous claros, con dúas cintas suxeitando os doelas. Na intersección horizontal das cintas, en cada claro, ten un elemento decorativo hexagonal de madeira. O penal da fronte ten unha porta, tamén de madeira. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
No 2010, os veciños non conseguiron concretar a cronoloxía deste hórreo, aínda que a súa feitura en madeira, indica unha certa antigüidade para o mesmo. Dataría de comezos do século XX.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 67)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.716518, -8.692127
Máis elementos do catálogo
HórreosHórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
HórreosHórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro
HórreosHórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro