- Outras denominacións
- Hórreo Nº 2 do Macanudo
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1878
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado no interior da finca privada e pechada pertencente á familia do Macanudo. Neste mesma propiedade levántase outro hórreo e un pombal.
A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños de granito encintados con cemento. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con argamasa, con fermosa moldura nos laterais as cepas dos extremos, mentres que a do interior non está moldurada, tan só ten o perpiaño da parte superior en posición horizontal. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, sen ventilación, encintados con argamasa. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, no pinche sur é visible a data de construción inscrita: 1878. Cubrición de tella do país, renovada. Remates: ten dúas cruces latinas altas florenzadas con botón central e ángulos en chafrán (por aquí chamada “cruz de Laíño”), sobre base en escocia. Orientado ao NE-SW.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, é de 1878, segundo reza no seu frontispicio sur, ano que coincide coa extensión do cultivo do millo na parroquia.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 262)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715637, -8.752924
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro