- Outras denominacións
- Hórreo de Luisa
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1927
- Lugar
- Bexo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado na Aldea de Abaixo, na rúa Sua Lata, ao pé dunha pista asfaltada, sobre o muro de peche da propiedade.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito que serve de muro de peche da propiedade. Os soportes son tres cepas de pedra de perpiaños, coa pedra superior en horizontal. Os gabinetes están abertos. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten dous claros, non conservando a madeira de peche destes. Os esquinais do hórreo son de pedra, con cinco fendas de ventilación horizontais cada un. Linteis e columnas de pedra. A cornixa sería de madeira, aínda que non a conserva actualmente. Os dous penais son de pedra, con doce fendas horizontais cada un. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Non conserva a cubrición. Remates: no penal do norte, cruz florenzada sobre base en escocia, cuberta de hedra; no frontal sur, parece que tería outra cruz sobre base en escocia, aínda que só conserva a base e o arranque da cruz. Orientado ao NE-SW.
No 2010, segundo os veciños sería antigo, seguramente de máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría, aproximadamente, do 1927 (polas cabeceiras).
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 191)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.697158, -8.733948
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Eira das Cabanas (6 hórreos)
Dodro, San Xoán de Laíño