- Outras denominacións
- Hórreo do Ministro
- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Ao lado da casa do seu propietario e ao pé dun camiño que separa a aldea entre o Quinteiro do Medio e A Rúa, no lugar de Imo chamado A Rúa.
A cimentación é unha alta repisa que serve de peche da propiedade, de cachotaría de granito encintada con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra con moldura semicircular na parte superior. Os gabinetes están pechados con cemento para usos domésticos. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Os dous penais son de pedra, o do norte con doce fendas de ventilación horizontais e o do sur con unha fenda. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao Norte-Sur.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que datalo en torno a 1850 (coincidindo co florecemento do cultivo do millo nesta parroquia), con reservas. Actualmente en uso.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 243)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.712224, -8.725433
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño