Saltar ao contido principal

Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Pexegueiro - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Pexegueiro
Concello
Dodro

Ao pé dunha pista asfaltada, pista que leva á Eiriña.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, alta, duns 2,50 metros de altura. Aínda sobre esta repisa as cepas asentan sobre unha pedra rectangular cada unha. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con argamasa. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Columnas de pedra e cornixa e linteis de madeira. Sobre as columnas e nos remates dos pinches (de madeira) vense molduras de madeira. Penal dianteiro con columnas de pedra e porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira, con dúas cintas. Os dous piches son de madeira. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, o fillo da propietaria di que é moi antigo, que lle acorda toda a vida, e á súa nai tamén. Máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 117)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.746296, -8.706738

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo