- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Dodriño
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Nunha finca pechada dunha vivenda particular (nº 27).
Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaustres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con ángulos en chafrán sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular; e pináculo piramidal sen bola. Orientado ao NE.
No 2010, dicía a propietaria que debe ser antigo, que ela ten oitenta e pico de anos e non lle acorda cando o fixeron. Dataría de principios do século XX.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 6)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.722069, -8.689846
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Eiró
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño