Saltar ao contido principal

Hórreo de Eiró

Hórreo de Eiró - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Eiró
Concello
Dodro

Localízase entre un alpendre de pedra e o muro delimitador do camiño que pasa por debaixo del, no centro do propio núcleo.

Fermoso exemplar con arco de medio punto na repisa por debaixo do cal pasaba o camiño. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, a cal presenta no centro un fermoso arco de medio punto por debaixo do cal pasaba o camiño. No ángulo NW da repisa son visibles, acaroadas a ela, unhas escadas con cinco grades de pedra, as cales permitirían o acceso ao interior do hórreo. Non ten soportes nin tornarratos, asentando o penal directamente na repisa. Tan só conserva en pé o penal do lateral oeste, de pedra, co seu respectivo pinche, do mesmo material. O resto do hórreo está desmantelado e cuberto de vexetación. En orixe tiña dous claros, lembrándose unha veciña cando aínda tiña as doelas de madeira. A porta de entrada, que sería de madeira, estaría, segundo indican as escadas de pedra, no lateral norte do hórreo. Non conserva nin columnas ni cornixa nin cubrición nin remates. Orientado ao NW-SE.

 

No 2010, unha veciña di que era moi antigo, que debía ter máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 87)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721174, -8.706254

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo