- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Revixós
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No lugar chamado O Outeiro. Hai outros catro hórreos no Outeiro, mais con ladrillos e cemento.
A súa cimentación é un muro ou repisa alta de cachotaría de granito duns 1,75 metros de alto. Presenta un bloque cuadrangular de granito acaroado á súa cara leste, para apoiar os cestos co millo, á altura da porta lateral. Os soportes son tres cepas de pedra, encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo, feita de seis pedras rectangulares de granito, encintadas tamén con cemento. A cara inferior do tornarratos e a cara interna das dúas cepas laterais presentan rebaixes rectangulares, sinais de que houbo algún peche, sendo os rebaixes para encaixar os enganches do mesmo. É de dous claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Ten unha porta de madeira no lateral leste, restaurada. Non ten linteis. Columnas de pedra con cemento entre estas e a cornixa, de pedra. Penal frontal de pedra con porta de madeira pintada de verde e penal traseiro de pedra con cinco fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Sobre a cornixa ten un alerón de cemento, sobre o que se apoia a cubrición, de tella do país. Os remates son dous bicos ou pináculos piramidais rematados en bóla. Orientado ao NE.
No 2010, segundo o irmá do propietario e un veciño, tería máis de cen anos. Parece que foi trasladado aquí desde outro lugar.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 45)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.723297, -8.685786
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Paizal
Dodro, San Xián de Laíño