Saltar ao contido principal

Hórreo de Dodriño

Hórreo de Dodriño - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Dodriño
Concello
Dodro

Nunha finca pechada no núcleo de Dodriño.

A cimentación parece que sería soterrada. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira (restaurada) e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra sen fendas de ventilación. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Só conserva un remate, na parte traseira, un pináculo troncopiramidal invertido ou unha anforiña. Orientado ao NE.

No 2010, unha veciña di que debe ser antigo, aínda que non precisou cronoloxía. Dataría de principios do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 7)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.721532, -8.690003

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo