Saltar ao contido principal

Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Vigo
Concello
Dodro

Situado nun extremo dunha finca privada, a escasos metros doutro hórreo.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 1,25 metros de altura e que actúa como muro de peche da finca. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte con columnas de pedra, pinche de madeira e porta do mesmo material. Penal traseiro de pedra e madeira, con dúas cintas, e pinche tamén de madeira. Sobre a columna oeste do penal traseiro pódese ver ladrillo sobre o que asenta a trabe de madeira que fai de cornixa. Cubrición de uralita. Non conserva os remates. Orientado ao N.

No 2010, a propietaria non soubo precisar a cronoloxía deste hórreo, mais coida que é antigo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 52)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.717804, -8.692336

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo