- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No Barrio de Abaixo.
A cimentación consiste nun muro ou repisa de cachotaría actualmente recebada, duns 1,10 metros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal frontal de pedra con porta de madeira, e penal traseiro tamén de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con uralita e por riba tella do pais. Os remates son unha cruz florenzada sobre unha base cuadrangular na parte dianteira e pináculo piramidal sen bola no lado oposto. Orientado ao NE.
No 2010, os veciños din que tería máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 22)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.731744, -8.668237
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño